Sácame das miñas
casiñas
Os
retos educativos por si mesmos son suifcientes para que moitos adultos, papás e
mamás, perdan os nervios ante o día a día. Unha contorna esixente, en canto a
horarios, actividades, rendemento, etc., non acaba de axudar. Se lle
sumamos a realidade de moitos nenos que foron adoptados e que poden necesitar
de máis axuda para conseguir o mesmo que o resto, a mestura é explosiva. Con
todo, as familias habemos de ser o termostato que manteña o nivel de
temperatura das nosas crianzas. Se o noso salta polo aire é previsible que o
seu termostato, aquel que lle fai permanecer acougado, xamais funcione
correctamente.
Como logralo se non son un monxe budista? Como manterme sereno cando vivo nun trafego continuo?
Lonxe de ofrecer respostas máxicas imos, neste obradoiro, reflexionar e ver se somos quen de facer algo para manternos en calma ante a paternidade, que facer, ante que cousas son máis vulnerable, etc...

DATA: 14/11/17
HORA: 17:00 - 19:00
LUGAR: Centro cívico San Diego. Sala 1. Parque de San Diego, Rúa Alberto García Ferreiro, S/N, 15006 A Coruña
HORA: 17:00 - 19:00
LUGAR: Centro cívico San Diego. Sala 1. Parque de San Diego, Rúa Alberto García Ferreiro, S/N, 15006 A Coruña
ELENA BORRAJO
Psicóloga e educadora
infantil, especializada no tratamento con nenos e nenas, adolescentes, que
sufriron desamparo temperán. Formada pola Fundación Exil polo profesor Jorge
Barudy e Maryorie Dantagnan, no diplomado especializado para nenos vítima de
malos tratos. Con 20 anos de experiencia no ámbito da protección infantil e a
atención en centros de menores e o acollemento
familiar. Fundadora do Centro Alén onde exerce actualmente como directora no traballo con institucións, familias e asociacións vinculadas ao acompañamento de nenos e nenas que sufriron situacións de risco, neglixencia ou malos tratos temperán.
Colaboradora en diversas publicacións vinculadas ao ámbito: "Neurospsicoloxía dos malos tratos e o abandono ¿onde QUEDA o interese superior do menor?"

Un saúdo
A Xunta Directiva
No hay comentarios:
Publicar un comentario